viernes, 13 de noviembre de 2009


Durante os últimos 15 anos un grupo de traballo das Naciones Unidas formadas por científicos liderou o debate sobre a realidade do cambio climático e as súas consecuencias. Ante iso, debemos pasar á acción, poñendo en marcha solucións para evitalo.

Unha das áreas onde son necesarias solucións a curto prazo é a da enerxía, tanto para a produción de electricidade como para o transporte. As fontes de enerxía convencionais presentan importantes problemas, non só polo seu efecto no cambio climático senón por ser limitadas. Nin os combustibles fósiles, nin os nucleares, durarán para sempre.

Afortunadamente, a día de hoxe existen solucións enerxéticas limpas e renovables probadas en comercialización e cuns custos razoables. Actualmente, sabemos como utilizar a enerxía do sol, do vento, dos saltos de auga, da biomasa, das mareas, das ondas e das correntes mariñas.

Destas enerxías, a máis coñecida é a eólica que, de feito, vén experimentando un forte crecemento nos últimos anos. Sen embargo, a enerxía solar presenta importantes vantaxes para a produción de electricidade.

O sol envíanos cada ano varios miles de veces máis enerxía que a que se consume en todo o planeta. Dános unha idea da capacidade de xeración deste tipo de enerxía.

AXUDA O PLANETA

A extinción das plantas


Dectectanse en Galiza 58 especies de plantas en perigro de extinción por causas do cambio climático, como a disminución das choivas e a subida das temperaturas.

Un equipo da universidade de Santiago están traballando nunha lista vermella de especies de plantas amenazadas con distintos grados de perigo de extinción, en concreto 58 encontranse nun perigro crítico de extinción, estas sitúanse nas provincias de : A coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Galiza é un dos puntos con máis diversa escala ao que se refiere a especies de plantas. En total hai unhas dez mil especies de interese especial das que seis son exclusivas de territorio galego

viernes, 6 de noviembre de 2009

A diminución dos peixes

Según un estudo os peixes de augas europeas son cada vez mais pequenos devido ao cambio climatico.Dadas unhas investigacións nos ríos de europa os peixes en trinta anos disminuiron as suas tallas en máis da metade do seu tamaño, e tamén en cantidade.Isto dévese ao quencemento das augas que modifica os seus costumes cambiando así: a reprodución a cadea alimentaria e poñendo así en perigro o ecosistema.

A troita steelhead dende a época dos 50 disminuiu un noventa porcento a causa de que moitas das correntes que esta especie recorria desapareceron pola construción de terrenos e vias de transporte, destruindo asi suas aguas de reprodución.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Campaña Marbanga

Concluír se as actuais alteracións do clima forman parte da evolución natural ou son consecuencia directa da intervención humana é o obxectivo principal da campaña Marbanga, un proxecto liderado polo grupo de investigación Geoma (Xeoloxía Mariña e Ambiental) da Universidade de Vigo, que tratará de estudar o paleoclima dos últimos 30.000 anos como fórmula para entender as condicións climáticas da actualidade.

O obxectivo principal do programa Marbanga é o de recoller sedimentos no mar, pero, segundo explica Daniel Rey, «é posible encontrar mesmo información da zona continental, xa que o que os ríos arrastran ata o fondo mariño permite determinar as condicións en terra».
A costa galega foi a elixida para este estudo, porque, como describen os coordinadores do proxecto, se trata dunha zona que ten mostras de sedimentos que, «forzados climaticamente», permitirán sacar conclusións de «grande importancia rexional».

jueves, 29 de octubre de 2009

O desxeo polar




O desxeo polar devese ao quencemento global.Isto podería afectar ao nivel do mar e provocar grandes inundacións e fenómenos coma os tsunamis, que terán efectos máis devastadores.


A causa disto tamén están en perigro moitas especies de animais,entre elas os Osos Polares,que dependen do xeo mariño para vivir. En segundo lugar tamén morren máis Osos Polares devido ao afogamento xa que teñen que buscar comida máis lexos, e ainda que os Osos nadan grandes lonxitudes , suelen nadar entre casquetes.


martes, 6 de octubre de 2009

¡Benvidos ao noso bioblog!

Este blog foi creado por :Iván Insua e Enrique Romay.





O noso bioblog vai tratar sobre as especies animais que están en perigro de extinción a causa do cambio climático.