Concluír se as actuais alteracións do clima forman parte da evolución natural ou son consecuencia directa da intervención humana é o obxectivo principal da campaña Marbanga, un proxecto liderado polo grupo de investigación Geoma (Xeoloxía Mariña e Ambiental) da Universidade de Vigo, que tratará de estudar o paleoclima dos últimos 30.000 anos como fórmula para entender as condicións climáticas da actualidade.
O obxectivo principal do programa Marbanga é o de recoller sedimentos no mar, pero, segundo explica Daniel Rey, «é posible encontrar mesmo información da zona continental, xa que o que os ríos arrastran ata o fondo mariño permite determinar as condicións en terra».
A costa galega foi a elixida para este estudo, porque, como describen os coordinadores do proxecto, se trata dunha zona que ten mostras de sedimentos que, «forzados climaticamente», permitirán sacar conclusións de «grande importancia rexional».
jueves, 5 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario